Os escolares de Cerdedo-Cotobade solidarízanse con Ucraína

Cerdedo-Cotobade
18 de marzo 2022

As mostras de apoio e solidariedade co pobo ucraíno, tras os ataques que está recibindo de Rusia, chegaron tamén aos colexios. É o caso dos centros educativos de Cerdedo-Cotobade. Dous colexios, o San Xoan Bautista e o de Tenorio, uníronse para facer un acto de repulsa contra os efectos da guerra nos nenos e nenas de Ucraína

Concentración contra a guerra en Ucraína nos colexios de Cerdedo-Cotobade
Concentración contra a guerra en Ucraína nos colexios de Cerdedo-Cotobade /

As mostras de apoio e solidariedade co pobo ucraíno, tras os ataques que está recibindo de Rusia, chegaron tamén aos colexios. É o caso dos centros educativos de Cerdedo-Cotobade.

Dous colexios, o San Xoan Bautista e o de Tenorio, uníronse para facer un acto de repulsa contra os efectos da guerra nos nenos e nenas de Ucraína.

Foi cunha concentración que se celebrou seguindo as indicacións da ONG Save The Children.

O acto consistiu na lectura dun manifesto, a elaboración dun mural con frases dedicadas aos nenos ou en pintar xirasois coas cores da bandeira ucraína.

Para rematar, interpretouse o himno da alegría e soltáronse globos cos desexos dos nenos e nenas de Cerdedo-Cotobade para que os de alá poidan vivir como eles.

Arquivado en