Os escolares de Bueu visibilizan o papel das mulleres na ciencia e na literatura

Bueu
30 de abril 2019

Será nunha feira que se celebrará o vindeiro 4 de maio na carpa sita na céntrica Praza Massó

Presentacion da II Feira da Ciencia e da Literatura
Presentacion da II Feira da Ciencia e da Literatura / Concello de Bueu

Tras o éxito do pasado ano, o Concello de Bueu volverá apoiar a II Feira da Ciencia e da Literatura, un proxecto educativo e social que nace desde o IES Johán Carballeira co fin de visibilizar o papel das mulleres na ciencia e na literatura, e que se celebrará o vindeiro 4 de maio na carpa sita na céntrica Praza Massó.

A principal novidade é que este ano participan todos os centros educativos da vila, que realizarán distintas actividades para este evento no que se agarda superar as cifras de visitantes da pasada edición. Así o salientaron na rolda de prensa deste martes.

A feira terá nove postos nos que se analizarán os libros propostos, os cales están sendo traballados ao longo do curso polo alumnado e nos cales se proporán diversas actividades que o público terá que ir resolvendo.

A programación incluirá obradoiros, proxeccións, observacións do sol e mesmo un Kamishibai un teatro de papel xaponés, ademais dunha pequena biblioteca sobre a feira que se poderá consultar na carpa pequena. O Museo Massó tamén organiza dous obradoiros: un sobre Xulio Verne ás 17 horas e outro de orientación no mar ás 18 horas, para os que é preciso inscrición premia no teléfono 886 151 101.