Os Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) na provincia de Pontevedra xa alcanzan a 62.326 persoas, segundo os datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Concretamente na provincia de Pontevedra presentáronse 10.338 ERTE. Séguelle a provincia da Coruña (52.237 empregados en 11.376 expedientes); Ourense (14.573 traballadores en 3.660 ERTE) e Lugo (12.638 traballadores en 3.571 expedientes).
En total en Galicia son 29.839 Erte presentados a raíz do impacto do coronavirus, con 156.281 traballadores afectados con datos deste xoves.
Así mesmo, a Xunta lembra que para os ERTE presentados antes da entrada en vigor do decreto do sábado pasado, as empresas contan cun prazo de cinco días, e, por tanto, finaliza esta semana. No caso dos expedientes para partir do decreto do pasado sábado, as empresas deberán comunicalo tamén no prazo de cinco días desde que se presente a solicitude do expediente.