Os empresarios critican falta de información e transparencia do Concello na súa primeira misión comercial no exterior

Pontevedra
30 de maio 2017

Os presidentes das asociacións AEMPE, Cámara de Comercio e AJE celebran positivamente esta primeira misión, pero lamentan que non se contou co seu apoio. Ademais, sinalan que "non nos consta que existise ningunha comunicación ou convocatoria xeral"

Entrada do edificio administrativo do concello de Pontevedra na rúa Michelena
Entrada do edificio administrativo do concello de Pontevedra na rúa Michelena / Mónica Patxot

O anuncio do Concello de Pontevedra de que organizará a súa primeira mision empresarial ao exterior, concretamente en México D.F. e con unha vintena de firmas, non sentou ben na patronal pontevedrea. Os presidentes das asociacións empresariais AEMPE, Cámara de Comercio e AJE celebran positivamente esta primeira misión, pero lamentan que non se contara co seu apoio. 

Os presidentes das tres asociacións mantiveron unha reunión este martes e, entre outros puntos da orde do día, abordaron esta primeira delegación empresarial ao exterior promovida polo Concello de Pontevedra e mostraron o seu "gran desconcerto" pola falta de información e transparencia

Segundo indicaron a través dun comunicado as tres asociacións, ningún dos colectivos foi informado ou convocado para participar na devandita misión e, ademais, sinalan que "non nos consta que existise ningunha comunicación ou convocatoria xeral".

"Descoñecemos o criterio elixido polo Concello para convidar ás 20 empresas que van participar", critican e lembran que a súa man "segue tendida" ás autoridades locais para poder obter o maior aproveitamento posible deste tipo de misións, facéndoo extensible a todo o tecido empresarial pontevedrés. 

Arquivado en