Os dez asasinos máis temidos da historia, xuntos nun psiquiátrico con moitos berros no Sánchez Cantón

Pontevedra
01 de novembro 2023

O alumnado do IES Sánchez Cantón volveu gozar do seu xa tradicional 'Túnel do Terror' organizado por estudantes de segundo curso do Ciclo Superior TSEAS, este ano  ambientado no 'Psiquiátrico dos Berros' no que se rehabilitan os dez asasinos máis temidos do mundo do terror 

Recreación do 'Psiquiátrico dos Gritos' no IES Sánchez Cantón
Recreación do 'Psiquiátrico dos Gritos' no IES Sánchez Cantón / Mónica Patxot

Jeffrey Dahmeer, Saw, Freddy Krueger, Hannibal Lecter, Ghost face, Jason, Chuky, Annabelle, Carapucha negra e Samantha. Son considerados os dez asasinos máis temidos do mundo do terror e todos coincidiron no 'Psiquiátrico dos berros', onde tentan rehabilitalos. Pero, de súpeto, un escapa. A partir de aí, o pánico está servido e todo pode pasar. 

É o punto de partido do xa tradicional 'Túnel do terror' do instituto Sánchez Cantón de Pontevedra, que cada ano pon en marcha o alumnado de segundo curso do Ciclo de Grao Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva (TSEAS). 

Como xa é habitual, os días 30 e 31 de outubro, o alumnado de ESO do instituto tivo a oportunidade de gozar dun proxecto que todos esperan desde o inicio do curso escolar e o que máis e o que menos soltou adrenalina e moitos berros. 

O percorrido comeza xa cunha advertencia. "Temos dúas normas moi claras que tedes que cumprir se queredes saír vivos de aquí", recoméndanlle os guías a cada grupo de seis estudantes que entra neste particular psiquiátrico. A primeira, hai que permanecer xuntos. A segunda, hai que gardar silencio porque calquera ruído pode poñer nerviosos aos pacientes e que vaian a polos visitantes. 

Mario é un destes guías que, durante dez minutos, acompañan os visitantes por un túnel de puro espectáculo. Iluminación, música ambiental, personaxes moi recreados, unha ambientación que dá medo por si soa e moita imaxinación converten o percorrido nunha aventura non apta para todos os públicos. 

Algún dos visitantes xa se bota atrás nada máis entrar, mentres se proxecta un vídeo explicativo e, de súpeto, soa a alerta e un policía advirte: "un escapou". Cando o primeiro deses asasinos entra na habitación, Ghost face, hai quen sabe que as emocións serán demasiado fortes e abandona a sala. Algunha alumna mesmo saíu este martes a gatiñas do lugar. 

Más de 600 alumnos de diferentes cursos pasaron por este túnel este ano, en grupos de seis ou oito, pois algún é necesario adaptalo. Algún profesor tamén quixo probar a experiencia e este ano tamén parte do alumnado de Bacharelato tivo a sorte de poder gozar da ambientación dos estudantes e profesores do módulo de Tempo de Lecer do ciclo de TSEAS.

Ningún quedou indiferente. Ningún tampouco logrou saír do túnel sen botar uns cuantos berros.  E é que neste psiquiátrico non hai un minuto de tranquilidade. Mentres escapas de Ghost face, entras nunha sala na que unha muller cun só brazo pide axuda desde unha gaiola e aparecen Hannibal Lecter e Chuky. 

Aínda que logres escapar, chegarás a un corredor só iluminado por velas no que te atoparás con dúas Annabelle, sons de berros por todas as partes e alguén que che suxeita unha perna. De alí tampouco hai escapatoria, pois logo atoparás con Jeffrey Dahmeer,  un asasino en serie e agresor sexual que desmembró a 17 homes e adolescentes en Estados Unidos e ao que ves como usa un trade cunha das súas vítimas. 

Freddy Krueger, de novo Annabelle, moita xente tola e, cando parece que a cousa se calma, sae Saw e, escapando del, atópaste a Jason coa súa motoserra. Non hai descanso nin tranquilidade. Todo vai tan rápido que nin conta te das de que aparece Samantha. Menos mal que, de súpeto, logras escapar e apareces nun corredor do soto do instituto. 

O proxecto, ao que non lle falta detalle, resultou gañador dun concurso interno do ciclo de TSEAS e, unha vez elixido en que consistirá o túnel deste ano, involucra a toda a clase. Treinta persoas fano posible, 28 mimetizados como pacientes ou doutores do psiquiátrico e dous responsables da iluminación e o son. E todo coa axuda do profesorado e a implicación de todo o instituto, que clama xa por unha nova edición cando aínda non terminou o Samaín 2023.