Sanxenxo quenta motores para o entroido, para o que xa traballa a concellería de Cultura e Eventos.
Segundo confirmou o goberno local, os tradicionais desfiles celebraranse o día 11 de febreiro ás 12.00 horas no caso do infantil e o día 25 de febreiro no caso do desfile de adultos, a partir das 16.30 horas.
Ademais o Concello decidiu incrementar a contía de premios ata os 13.265 euros "para facer aínda máis atractivos os nosos desfiles e animar á xente a participar", explicou a edil Elena Torres.
Así o desfile infantil, que premiará os cinco primeiros de cada categoría, bonificará con 120 euros ao mellor disfrace individual, 150 euros á mellor parella, con 200 euros ao mellor grupo de 3 a 10 persoas e con 500 euros ao mellor grupo de máis de 10 compoñentes.
En canto ao desfile de adultos os primeiros premios será de 200 euros na categoría indivual, 300 euros en parellas, 500 euros nos grupos de ata oito compoñentes, 800 euros nos grupos de 9 a 20 compoñentes, 1.700 euros na categoría fantasía de máis de 20 integrantes e 2.200 euros na categoría de grupos de máis de 20 compoñentes.