Os danos pola paralización das obras do Nó do Pino suman unha nova denuncia

Pontevedra
12 de febreiro 2013

A asociación ecoloxista Vaipolorío, a Asociación Heroes do Campo da Porta e os herdeiros do muiño de Cabanas, na parroquia de Salcedo, presentaron hoxe unha denuncia ante a Policía Autonómica polos danos ocasionados nesta infraestrutura a raíz das obras do No do Pino

Vaipolorío presenta denuncia
Vaipolorío presenta denuncia / PontevedraViva

A asociación ecologista Vaipolorío, a Asociación Heroes do Campo da Porta e os herdeiros do muiño de Cabanas, na parroquia de Salcedo, presentaron hoxe unha denuncia ante a Policía Autonómica polos danos ocasionados nesta infraestrutura a raíz das obras do No do Pino.

Este foi o seguinte paso tras poñer os feitos en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil e anunciar que emprenderán accións legais contra o Ministerio de Fomento.

Gonzalo Sancho, presidente do colectivo ecologista, explicou que nas obras do No do Pino no lugar do Marco elevaron o caudal do Gafos no punto no que conflúen os ríos Pintos e Tomeza, "o cal fai que o río marche para atrás incidindo no alcantarillado, facendo que salten todas as tapas de rexistro e bote fecais directamente ó río, e que o muiño quede anegado na parte do inferno do muiño e non poida traballar".

Esta inactividade e deterioro do muiño e os danos na rede de alcantarillado foron postos en coñecemento da policía autonómica para que tramite esta denuncia medioambiental e patrimonial no que afecta á paralización das obras do No do Pino.