Os danos da velutina empezan a ser visibles nos acios de albariño

O Salnés
15 de agosto 2021

A Estación Fitopatológica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar o seu último boletín fitosanitario no que fai unha actualización do estado sanitario das viñas na provincia e ofrece unha serie de recomendacións

Empezan a ser visibles danos pola vespa asiática
Empezan a ser visibles danos pola vespa asiática

A Estación Fitopatológica do Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar o seu último boletín fitosanitario no que fai unha actualización do estado sanitario das viñas na provincia e ofrece unha serie de recomendacións. 

Xa empezaron a observar danos nos grans dalgunhas zonas debido á avespa asiática, ademais dos que hai ou poida haber máis adiante polas polillas do acio ou outros factores.

Por este motivo, recomendan que se volve haber tempo inestable ata a vendima, "hai fungicidas de curto prazo de seguridade, e mesmo produtos naturais con só tres días, que aínda se poderían aplicar".

Grazas ao tempo asollado e seco desta semana apenas hai síntomas de botritis a enfermidade que máis adoita atacar á uva nas semanas previas á vendima.

En canto ao mildio, a principal enfermidade fúngica que afecta os viñedos en Galicia, a ausencia de precipitacións durante esta semana favoreceu que as capturas de esporas no captador que instalaron en plantas testemuña na súa viña de Areeiro (proxecto VITICAST) sufrisen un descenso considerable.

Por último, no oídio observaron presenza de novos síntomas nos brotes novos das plantas testemuña de case todas as comarcas.

 

Arquivado en