A XXIV edición do popular Concurso de Murgas do entroido pontevedrés xa ten gañadores.
Os da Baiuca impúxose nunha animada e disputada final celebrada nun abarrotado Pazo da Cultura, que horas antes da apertura de portas presentaba unha gran cola no exterior do recinto.
A formación do Grove convenceu a xurado e público superando con 59 puntos as outras tres finalistas, por esta orde Equipo Ja (57), Murga PTV (54) e Murga Femenina de Pontevedra (53).
Once agrupacións participaron nun concurso que pasa por ser unha das citas ineludibles do Entroido.