Un tres mil habitantes de Poio, persoas entre 15 e 39 anos, van a ser citados por SMS para participar no cribado que se realizará a próxima semana no pavillón de deportes da Seca.
As probas deste cribado poboacional serán PCR nasofarínxeas. Con elas, as autoridades sanitarias buscan detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus.
En coordinación co Concello de Poio, estes cribados voluntarios terán lugar os vindeiros luns 30 e martes 31 de agosto, de 9 a 14 horas en horario de mañás e de 16 a 21 horas polas tardes.
Para levar a cabo estes cribados, haberá dous equipos de enfermaría por cada turno, que efectuarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización das tomas de mostras e información aos usuarios.
Todas as mostras procesaranse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que estes sexan negativos.
No caso de resultar positivos, chamarase de xeito individual a cada cidadán.