Os corpos exhumados no convento de Santa Clara trasladaranse a Santiago de Compostela

Pontevedra
24 de maio 2022

Este luns, 23 de maio, comezaron os traballos de exhumación dos restos soterrados no cemiterio do antigo convento de Santa Clara en Pontevedra. Segundo o sinalado polo concelleiro de Patrimonio Histórico, esta actuación debería finalizar ao longo do mércores

Traballos de exhumación dos restos soterrados no cemiterio do antigo convento de Santa Clara
Traballos de exhumación dos restos soterrados no cemiterio do antigo convento de Santa Clara / Concello de Pontevedra

Comezaron os traballos de exhumación dos restos soterrados no cemiterio do antigo convento de Santa Clara en Pontevedra. Segundo o sinalado polo concelleiro de Patrimonio Histórico, esta actuación debería finalizar ao longo do mércores.

É o último proceso que quedaba por facer, logo da suspensión de enterramentos e clausura de cemiterio por parte do Concello de Pontevedra.

A funeraria Casablanca, de Santiago, encargada dos traballos, recibira a autorización da exhumación por parte da Xunta de Galicia hai uns días, procedendo esta semana con eles.

A día de hoxe foron escavadas nove tumbas, quedando outras seis por escavar.

Os corpos que aparezan irán repousar ao convento de Santa Clara situado na cidade de Santiago de Compostela, o primeiro que a orde das clarisas fundou en Galicia e fogar actual das últimas monxas que viviron no da Boa Vila.