O concerto benéfico do quilo solidario organizado por Os Coribantes de Buchabade superou todas as expectativas cunha grande asistencia de público ao pavillón municipal de Ponte Caldelas.
Ademais dos propios Coribantes, participaron Manoele de Felisa, Grupo Limón, Laranxada de Limón, Malas Formas, Maianas, Silvia María, Suso Feixón, Bernardo Xosé ou Emilio Españadero, entre outros.
Con todos os alimentos non perecedoiros recadados e o que se consiga nos postos habilitados nos supermercados Froiz da zona, o obxectivo da agrupación era xuntar preto de 4.000 quilos de comida.
Todo o recadado repartirase entre as familias con dificultades económicas do municipio a través de Cáritas Ponte Caldelas e A Insua e os servizos sociais do Concello.