Os contaxios por covid soben ata os 34 no último día elevando a 262 os casos activos na área sanitaria

Pontevedra
30 de xuño 2021

Ademais a Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo eleva a tres os pacientes que evolucionan nas súas instalacións dos nove ingresados en total en Pontevedra e O Salnés, segundo reflicte este mércores 30 de xuño o balance diario oficial do Servizo Galego de Saúde

Servizo de Urxencias no hospital Montecelo
Servizo de Urxencias no hospital Montecelo / Mónica Patxot

A baixada no ritmo de contaxios detectados de covid na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés quedou en flor dun día, e este mércores 30 de xuño o balance diario oficial do Servizo Galego de Saúde volve ofrecer cifras máis elevadas superando a trintena de novos casos.

En concreto nas últimas 24 horas detectáronse 34 novos positivos por coronavirus, o que fixo subir os casos activos na área pontevedresa ata os 262. Isto supón 24 casos máis que o martes ao superar os contaxios con fartura ás 10 altas epidemiolóxicas dadas.

Ademais a Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo sumou un paciente covid máis, con tres persoasevolucionando nas súas instalacións das nove que permanecen ingresadas. As outras seis atópanse repartidas en planta entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (3) e o Hospital  do Salnés (3).

Desde o inicio da pandemia recibiron o alta 14.201 afectados por el virus, rexistrándose 181 falecementos de pacientes con positivo activo.

Segundo informa o Sergas nas últimas 24 horas realizáronse 457 probas PCR na área sanitaria.