Os contaxios, en cifras máximas con 125 casos novos na área sanitaria

Pontevedra
18 de xaneiro 2021

Este luns, 18 de xaneiro, a área sanitaria mantén 64 pacientes de covid-15 ingresados en planta de hospitalización. Tamén sobe a presión asistencial na UCI con 13 pacientes críticos de coronavirus ingresados na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo

Xente paseando pola rúa con máscara
Xente paseando pola rúa con máscara / Cristina Saiz

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés informou que nas últimas 24 horas rexistráronse 125 contaxios novos, co que se alcanzan os 1.088 casos activos.

Este luns, 18 de xaneiro, a área sanitaria mantén 64 pacientes de covid-15 ingresados en planta de hospitalización.

Concretamente están 52 pacientes no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 9 no Hospital do Salnés.

Tamén sobe a presión asistencial nas UCI con 13 pacientes críticos de coronavirus ingresados na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo.

Así mesmo, permanecen 1.011 casos covid evolucionando en domicilio.

Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 curáronse 6.951 pacientes (20 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 91 pacientes, o último, este domingo en Montecelo, unha muller de 78 anos que presentaba patoloxías previas.

En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 856, que se engaden ás 125.179 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.252, deles 3.346 son da área da Coruña, 1.146 da de Lugo, 1.830 da de Ourense, 1.088 da de Pontevedra, 2.452 da área de Vigo, 2.341 da de Santiago, e 1.049 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 104 están en UCI, 635 en unidades de hospitalización e 12.513 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 62.523 persoas curadas, rexistrándose 1.512 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.250.540.