Os concellos de Ponte Caldelas, Marín e Pontevedra celebrarán o día internacional contra a violencia sobre as mulleres, 25 de novembro, cunha completa programación
PONTE CALDELAS
Ponte Caldelas mesturará un homenaxe ao asociacionismo feminino con actividades pensadas e programadas especialmente para o alumnado do instituto.
- O venres día 17, no IES, cuhaberá unha actividade a cargo da psicóloga Paula Sánchez Alvarez e na que van participar uns 300 alumnos.
- O mesmo sábado, día 25 novembro, o Concello promove un acto institucional que dá o máximo protagonismo ás tres asociacións de mulleres existentes no municipio (Mulleres Rurais de Xustáns, Mulleres Rurais do Verdugo e a Agrupación Aires del Norte y Olé).
- O luns 27 de novembro o alumnado do IES volverá dispoñer das charlas encadradas no Plan Director da Garda Civil, dirixido á prevención de delitos, entre eles especialmente os que teñen relación coa violencia de xénero.
- O martes 28 de novembro será a presentación do libro "Machismos de micro nada", elaborado polo grupo de traballo Fiadeiras, do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
MARÍN
O día 25-N como cada ano, e en colaboración cos centros educativos, organízanse dende o Concello de Marín actividades que directamente inciden na educación en valores dende a perspectiva igualitaria.
O valor dos contos como transmisores de cultura e valores é unha realidade didáctica, por eso pódense traballar dinámicas relacionadas coa creación de modelos que rexeitan os estereotipos que nos inculca a sociedade patriarcal. Este ano para Educación Infantil e Primaria a compañía de teatro "Teatro piollo" acudirá a cada centro cun contacontos temático sobre violencia de xénero, coeducación e convivencia.
Tamén Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia pon en marcha obradoiros educativos centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming ou sextorsión.
PONTEVEDRA
"A muller na escena musical" foi o tema da charla-coloquio que se desenvolveu este xoves na Casa da Luz dentro da campaña do 25-N que puxo en marcha a Concellaría de Igualdade para visibilizar ás mulleres artistas.
A programación continúa o venres co concerto "As mulleres músicas en Pontevedra", que será a partir das 20.00 horas no Teatro Principal. Os actos vindeiros serán:
- Sábado, 18 de novembro.
- Ás 12.00-14.00 horas. Roteiro pola cidade. Cunca e nécora especial Nós Turiña.
- De 11.00-15.00 horas. A muller-artista e o Patrimonio Cultural en Pontevedra. Organizada pola Deputación de Pontevedra.
- Domingo, 19 de novembro.
- 12.00 horas. Teatro Principal. Obra "Fin de Mes", da Aula de teatro do CIM
- 20.30 horas. Teatro Principal. Obra "Puedes llorar los viernes" de Vicky Estévez.
- Mércores, 22 de novembro.
- Ás 20.30 horas. Presentación do libro "Invisibles". Acto central da campaña. Unha publicación que recolle a historia de sete mulleres maltratadas polas súas parellas.