Os comuneiros e a corporación unen forzas contra os macroparques eólicos en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade
19 de maio 2022

Ambas as partes teñen convocada unha manifestación para o domingo 22 de maio diante do consistorio de Cerdedo co obxectivo de expresar o seu rexeitamento aos parques eólicos de Campos das Rosas y Porto Vidros

Fronte común entre comuneiros e corporación contra os eólicos en Cerdedo-Cotobade
Fronte común entre comuneiros e corporación contra os eólicos en Cerdedo-Cotobade / Concello de Cerdedo-Cotobade

As comunidades de montes de Quireza, Pedre, Chamadoira, Corredoira, San Bernabé, a Asociación de Veciños de Cuíñas, o BNG, o Partido Popular e o PSdeG-PSOE de Cerdedo-Cotobade acordaron de forma unánime transformar a manifestación convocada para o domingo 22 de maio ás 12 horas do mediodía diante do consistorio de Cerdedo nunha convocatoria unitaria contra os parques eólicos de Campo das Rosas e Porto Vidros.

Esta decisión tomouse no transcurso dunha xuntanza celebrada a pasada noite co fin de manter a unidade de acción que veu caracterizando as protestas contra os eólicos que pretenden instalarse no concello de Cerdedo-Cotobade e que motivou que todas aquelas persoas e colectivos se manifestaran ata o de agora cun obxectivo común na defensa dos intereses dos veciños e veciñas e dos lugares fronte aos macroproxectos enerxéticos.

A intención dos representantes veciñais e dos grupos políticos con representación na corporación municipal de Cerdedo-Cotobade é que o Concello siga o mandato recibido pola veciñanza nas distintas asembleas realizadas ao longo do presente conflicto.

Así, acordouse manter por enriba de todo a unidade de acción e apoio ao movemento veciñal de oposición aos macroparques eólicos que se pretenden instalar no municipio.

Arquivado en