Representantes dos comités de empresa e de oficinas centrais da fábrica de Ence de Pontevedra serán recibidos este venres 18 de outubro, ás 12 horas, pola Dirección Xeral de Asuntos Económicos da Moncloa.
Ademais tamén participarán na reunión o secretario de organización de Comisións Obreiras e o secretario comarcal de UXT, José Luis García Pedrosa e Ramón Vidal.
O obxecto da reunión consiste en trasladar á dirección xeral "datos concretos" da realidade laboral, tanto do sector industrial como do forestal, de Ence na comarca de Pontevedra e en Galicia, polo que se lle fará entrega dun dossier ao respecto.
Os comités de empresa van transmitir "a nosa posición inequívoca da necesidade do mantemento da localización da empresa en Lourizán", polo que entenden que non ten obxecto a creación dunha mesa para o traslado da fábrica.