Os comerciantes da praza de abastos de Ponte Caldelas fixeron entrega este mércores dunha doazón de produtos frescos para repartir entre as familias máis vulnerables do municipio.
Os vendedores iniciaron a mediados de novembro unha campaña solidaria coa instalación de urnas para que os clientes deixasen os seus donativos. a recadación serviu para complementar a achega de cada un dos placeiros.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz; acompañado por membros do seu grupo de goberno recolleron os produtos para repartilos o martes entre as familias seleccionadas polo departamento de Servizos Sociais."Quero agradecer, en nome de todos os veciños de Ponte Caldelas, aos comercios da Praza de Abastos esta fermosa iniciativa que demostra que vale a pena mercar en Ponte Caldelas", indicou o rexedor.
Frutería Mila Piñeiro, Peixaría Silmar, Carnicería Cándido e Carnicería Jesús Muíños doaron 18 coliflores, 12 piñas, 17 quilos de plátanos, 17 quilos de laranxas, 10 quilos de mazás, 12 quilos de dourada, 12 quilos de robaliza e 18 quilos de tenreira, pito, porco e chourizos.