Os colexios San Xulián e Sequelo triunfan nos Maios de Marín

Marín
01 de maio 2024

Os colexios San Xulián e Sequelo foron este mércores os principais gañadores do concurso dos Maios de Marín, no que este ano houbo 9 participantes como Maios e sete como embarcacións

Celebración da Festa dos Maios 2024 en Marín
Celebración da Festa dos Maios 2024 en Marín / Concello e Marín

Os colexios San Xulián e Sequelo foron este mércores os principais gañadores do concurso dos Maios de Marín, no que este ano houbo 9 participantes como Maios e sete como embarcacións.

No caso dos Maios, na categoría de Construción, o primeiro premio foi para San Xulián, o segundo para Landeiras e o terceiro para Amigos dos Rapaces.

Na categoría de Coroa, o gañador foi o Maio San Xulián, o segundo premio foi para Landeiras e o terceiro para o Maio Mariñeiro CEIP Sequelo.

Na categoría de Letra, o primeiro premio foi para o Maio Mariñeiro CEIP Sequelo o segundo foi para Landeiras e o terceiro, para Maio Pequeniño, do colexio La Inmaculada.

Na categoría de Interpretación, gañou o Maio Mariñeiro CEIP Sequelo, o segundo premio levouno o Maio da Bruxa do CPR SEl San Narciso e o terceiro logrouno o Maio San Xulián

En canto ás embarcacións, na categoría de Letra o premio foi para Xiana, do CElP Sequelo e quedou en segundo lugar Antonio Rodríguez, tamén do CEIP Sequelo; e Rampleiros San Xian de Ancoradouros.

Na categoría de Interpretación das embarcacións, os gañadores foron San Narciso, do CPR SEl San Narciso (1); Antonio Rodríguez, do CEIP Sequelo (2) e Inmaculada, do colexio La Inmaculada (3).

O xurado do LXXI Concurso de Maios e Embarcacións reunidos en Marín estivo integrado por Helena Marlínez, Enriqueta Molas, Mónica Viqueira, Eduardo Lorenzo e Lucia Santos.