Os colexios de Pontevedra encheranse de murais para dar a coñecer a súa historia

Pontevedra
30 de setembro 2020

O obxectivo desta campaña impulsada pola Concellería de Educación ten como obxectivo fortalecer o vínculo do alumnado co seu centro educativo e a cidade. Os colexios interesados en unirse a este programa teñen de prazo para facelo ata o 9 de outubro

Visita do concelleiro de Educación, Tino Fernández, a unha escola infantil de Pontevedra
Visita do concelleiro de Educación, Tino Fernández, a unha escola infantil de Pontevedra / Concello de Pontevedra

A concellería de Educación do Concello de Pontevedra pon en marcha a campaña "O teu cole na historia, coñecendo a nosa contorna". Unha iniciativa que ten como obxectivo conseguir que o alumnado se idetifique co seu centro escolar e coa cidade a través da realización de murales nos centros de Infantil e Primaria coa colaboración da empresa local Polo Correo do Vento.

Cun orzamento de 17.000 euros, os murais terán un tamaño de 2x2 metros e cada un deles formará parte dun conxunto de intervencións que servirán para dar unha imaxe común dos colexios participantes formando un conxunto en forma de cómic, explicou o concelleiro de Educación, Tino Fernández.

Todos aqueles centros interesados en participar deben contactar coa concellería de Educación antes do 9 de outubro.

Doutra banda, o goberno local acaba de contratar dúas obras de manteniemiento na gardería da Parda consistente na reposición de cristais valorada en 1.200 euros e a reparación de varios xogos infantís deteriorados por 1.000 euros. Así mesmo, na Escola Infantil Crespo Rivas, o Concello destinou 1.4000 euros á adquisición de materiais para o arranxo de fontanería.