Vehículos anteriores a 1991 participarán na sétima edición da concentración de coches clásicos que o Club Amigos dos Vehículos Antigos (AVA) celebrará este domingo 21 de xullo na Alameda de Ponte Caldelas.
Os coches comezarán a chegar á vila ás dez da mañá e, contra as doce do mediodía, farán unha ruta por todo o municipio, con parada na carballeira de Mirón.
Alí haberá animación musical co grupo Airiños da Fracha.
Os participantes regresarán á Alameda a partir as 14:00 horas e ata as sete da tarde o público poderá contemplar os vehículos que se acheguen este ano.
Aqueles que queiran exhibir os seus coches deben inscribirse no teléfono 638 949 843 ou no correo electrónico [email protected].