En Pontevedra ao igual que en toda Galicia, a cidadanía quixo trasladar as condolencias ás familias das vítimas do accidente ferroviario.
Na cidade do Lérez recordouse especialmente a unha veciña, a Laura de Juan Portela. O próximo sete de setembro cumpriría 24 anos. Natural de Pontevedra.
Fora admitida polo Consello Superior de investigacións científicas para un contrato con destino no Instituto de Ciencias Matemáticas. Era un contrato predoutoral para persoal investigador. Colleu o tren en Chamartín pouco despois de presentar o seu proxecto fin de máster na Complutense, onde estudou o pasado curso.
O seu pai é médico no Hospital Provincial de Pontevedra e a súa nai funcionaria de Educación.
O seu nome foi recordado na praza da Peregrina, ás oito da tarde, pero tamén houbo outras concentracións nas estacións de trens da Comunidade, foron ás 20:42 (hora exacta do accidente).
Sentimentos compartidos de tristura, de dor, impotencia e por suposto solidariedade coas familias, como demostrou o pobo galego nas últimas 24 horas, tanto os cidadáns anónimos coma os profesionais sanitarios e das forzas e corpos e seguridade.
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) volveu convocar novas concentracións ante os concellos para este venres ás 12.00 horas.
Vídeo da concentración recollido na web Pontevedra para o mundo: