O tempo desta fin de semana, segundo MeteoGalicia, empezará cun venres un pouco cambiante e abrirá paso a unha fin de semana con ceos totalmente despexados.
En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se seguirán mantendo nos 4 graos, aínda que oscilarán ata os 7 graos, e máximas que ascenderán notablemente ata alcanzar os 24 graos o domingo.
Para a xornada deste venres teremos ceos poucos nubrados ou despexados pero que por momentos cambiarán a moi nubrados. Prevese que poida darse algunha precipitación durante a mañá, que deixará paso a unha tarde con nubes e claros. En canto as temperaturas serán suaves cunha mínima de 7 graos e unha máxima de 16 graos.
O sábado prevese que as mínimas descendan lixeiramente ata os 4 graos e tamén o farán as máximas chegando aos 21 graos. Con respecto ao ceo prevese que se manteña totalmente solleiro para este día sen presenza algunha de nubes.
Nesta fin de semana previa á Semana Santa, da madrugada do sábado para o domingo, producirase o cambio de horario de inverno ao horario de verán, polo que da noite do sábado 27 de marzo ao domingo 28, ás 02.00 horas de madrugada adiantaranse os reloxos ata as 03:00. É dicir, as dúas da mañá serán as tres, polo que esa noite se durmirá unha hora menos e amencerá e anoitecerá unha hora máis tarde.
Para a xornada do domingo espérase que as temperaturas ascendan con respecto aos días anteriores polo que serán as máis altas da fin de semana. As mínimas poderán situarse nos 7 graos as máximas nos 24 graos. O ceo manterase totalmente despexado sen presencia de nubes ao igual que na xornada anterior.
Nos días centrais da Semana Santa as temperaturas parece que se estabilizarán. As mínimas serán máis cálidas chegando ata os 12 graos e as máximas ata os 23 graos. Poderán darse chuvascos de pouca intensidade a partir do mércores. Os ceos xa non serán totalmente solleiros coma nesta fin de semana, senon que se prevé sol e chuvia con presenza de nubes e claros para estes días.