Os casos activos de covid-19 baixan en Pontevedra e Poio mentres seguen sen conterse en Marín

Pontevedra
12 de febreiro 2021

Pontevedra ten 463 pacientes coa infección activa, 29 menos que o xoves. En Poio hai 14 casos menos, situándose en 228 o total. En Vilagarcía, esa redución é de 12 casos, ata sumar 147, o mesmo número que Sanxenxo, no seu caso tras baixar oito. Marín é o que máis incremento acusa, con 12 casos activos máis, un total de 135 

Xente paseando con máscaras en Pontevedra
Xente paseando con máscaras en Pontevedra / Cristina Saiz

A incidencia da covid-19 vai conténdose aos poucos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés e a tendencia confírmase en practicamente todos os municipios, percibíndose especialmente en localidades como Pontevedra ou Vilagarcía, que polo volume de poboación teñen máis casos activos e, día tras días, reducen a súa incidencia, ou de Poio, que, tras varias semanas de subidas encadeadas, superaban os positivos doutros  concellos de maior tamaño. 

Dentro desa tendencia á redución de casos, tamén chaman a atención algúns municipios nos que se rexistra unha subida de pacientes. É o caso de Marín, Cambados, Cuntis ou Bueu, que este venres teñen máis pacientes con resultado positivo que o día anterior. 

No caso de Pontevedra capital, este venres hai 463 pacientes coa infección activa, 29 menos que o xoves.

En Poio este venres hai 14 casos menos que o xoves, situándose en 228 o total de pacientes con positivo. 

En Vilagarcía, esa redución é de 12 casos e sitúan o total de pacientes coa infección en 147.

O mesmo número de casos ten Sanxenxo, 147, tras baixar oito nunha xornada, mentres que en Soutomaior a redución é de nove casos, ata situarse en 118.

Tamén seguen baixando os casos en Ponte Caldelas, cun total de 42, dous menos nun día. Na Lama hai dous pacientes menos, un total de 15 casos activos; en Barro hai un menos, situándose en 21, e en Meaño rexístranse tamén dous casos menos, ata alcanzar os 35.

En canto aos municipios nos que crecen os casos, Marín é o que máis incremento acusa, con 12 casos activos máis, un total de 135 este venres.

Ademais, aumenta un caso en Bueu, que ten 18; en Cuntis hai dous máis, ata sumar 31;

Non se rexistran cambios en Meis, Vilanova e Portas, que seguen en 37, 35 e 14 casos activos, respectivamente.  

A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pódese consultar no mapa que acompaña a esta información.