O Servizo Galego de Saúde informa que son 2.454 as persoas con infección activa de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra O Salnés, segundo a última actualización dos datos da pandemia feita este mércores 23 de febreiro, son 200 menos que onte martes.
Nas últimas 24 horas curáronse 357 persoas e detectáronse 159 novos casos abertos.
O Sergas notifica este martes que hai un total de 82 pacientes enfermos de covid-19 que están ingresados en planta de hospitalización, son 5 máis que onte. Son 71 (catro máis que onte) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 8 (un menos) no Hospital do Salnés.
Seguen a ser 2 os pacientes en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, outras 2.370 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e baixo supervisión médica, ao ser asintomáticos ou ter pouca sintomatoloxía.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 54.022 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 255 pacientes.
En canto á realización de PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 240 probas, que se engaden ás 398.881 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria. A elas súmanse as 229.059 probas de antígenos e outras 123.417 probas de detección da covid-19.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.834 deles 4.910 son da área da Coruña, 2.672 da de Lugo, 2.766 da de Ourense, 2.454 da de Pontevedra, 4.555 da área de Vigo, 3.935 da de Santiago e 1.307 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 535 en unidades de hospitalización e 22.270 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 464.890 persoas curadas, rexistrándose 3.082 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
- Día 19 de febreiro: Un home de 88 anos e unha muller de 93 anos, na área sanitaria de Vigo.
- Día 22 de febreiro: Un home de 90 anos, na área sanitaria da Ferrol.
O número de PCR realizadas é de 3.679.098. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.522.178.