Os "avós de Galicia" reclaman a devolución dos seus cartos e a retirada das sancións impostas

Pontevedra
10 de maio 2014

Os colectivos de afectados polas preferentes e emigrantes retornados de Galicia celebraron unha manifestación conxunta este sábado 10 de maio en Pontevedra. A marcha partiu dende a Praza de Ourense, rematando no Paseo de Montero Ríos. Ámbolos dous colectivos síntense ⿿enganados, espoliados e roubados⿝

Manifestación de afectados polas preferentes e emigrantes retornados de Galicia
Manifestación de afectados polas preferentes e emigrantes retornados de Galicia

Os colectivos de afectados polas preferentes e emigrantes retornados de Galicia celebraron unha manifestación conxunta este sábado 10 de maio en Pontevedra. A marcha partiu dende a Praza de Ourense, rematando no Paseo de Montero Ríos.

Ámbos os dous colectivos síntense ⿿enganados, espoliados e roubados⿝. Durante a mobilización recordaron que as demandas xudiciais son a ⿿única vía aberta⿝ para eles despois de ser ⿿abandonados á súa sorte⿝ polas administracións públicas.

Preferentistas e emigrantes retornados defínense como ⿿os avós de Galicia⿝ e tamén esixen a retirada ou arquivo de todas as multas e sancións administrativas aos membros dos dous colectivos na súa loita exemplar pola devolución dos seus cartos roubados.

Na súa marcha polas rúas de Pontevedra escoitáronse cánticos reclamando unha solución e a devolución íntegra dos seus cartos.

⿿Gustaríanos que esta fose a última vez que tivésemos que mobilizarnos, pero sospeitamos que non vai ser así. Por tanto, seguiremos, seguiremos e seguiremos ata acadar unha solución política⿝, trasladaron os voceiros destes colectivos.