Os avogados suspenden a folga a regulamento na quenda de oficio ao recibir resposta a todas as súas demandas

Pontevedra
05 de abril 2013

Este luns 1 de abril os letrados empezaban medidas de presión destinadas a que a Xunta solucionase "importantes deficiencias que viene padeciendo el servicio del Turno de Oficio y Asistencia Jurídica Gratuita". Tras catro días de protesta, este venres deixáronse sen efecto 

Integrantes da Xunta de Goberno do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra
Integrantes da Xunta de Goberno do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra / PontevedraViva

Este luns 1 de abril os letrados do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra adscritos á quenda de oficio empezaban unha serie de medidas de presión destinadas a que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de la Xunta de Galicia solucionase "importantes deficiencias que viene padeciendo el servicio del Turno de Oficio y Asistencia Jurídica Gratuita". Tras catro días de protesta, este venres deixáronse sen efecto ao obter unha resposta positiva a todas as súas formulacións.

O decano do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra, Ramón Jáudenes López de Castro, deu a coñecer este venres o acordo da Xunta de Goberno. Aínda que nos últimos días se lle pedira información puntual sobre o seguimento desta folga a regulamento, pero ata este venres non saíu a relucir ningún dato porque "nuestra premisa es la discreción y la prudencia y no queríamos comparecer porque las negociaciones ya estaban muy avanzadas".

Finalmente saíu á palestra para anunciar: "hai fumata branca". As medidas acordadas na Xunta Xeral Extraordinaria do 11 de marzo consistían na reasignación dos medios humanos e materiais do Colexio destinados á tramitación dos expedientes de xustiza gratuíta; a redución da prestación do Servizo de Orientación Xurídica (pasou a prestarse un único día á semana, o mércores, de 11.00 a 14.00 horas), remisión diaria de expedientes á Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta; redución de letrados de garda; actuación a regulamento na asistencia a detidos e menores; esixencia estrita en toda clase de dilixencias das formalidades legais; e asistencia exclusivamente a detidos que non teñan designado previamente avogado.

Tras catro días de aplicación, entre o luns e o xoves, non deixaron ningún incidente e dende este venres non se aplican. De feito, ao longo da tarde deste xoves remitiuse unha circular interna a todos os letrados adscritos á quenda de oficio e asistencia ao detido indicando a nova situación. As negociacións do Colexio permitiron obter unha resposta positiva en relación a dous aspectos centrais.

O primeiro dos logros refírese a que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza resolveu limitar as reclamacións que facía aos avogados da quenda de oficio en relación cos servizos prestados no cuarto trimestre de 2011 e os primeiro e segundo de 2012, que ascendían os 600.000 euros. Ao respecto, o atraso na tramitación administrativa por parte da Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta supuxera que non só non se pagasen as asistencias realizadas puntualmente, senón que se reclamase aos letrados os pagamentos que se efectuaron no pasado. Co acordo recén alcanzado, estas reclamacións iniciais limitaranse substancialmente e tan só afectarán a aqueles expedientes nos que o avogado concernido reciba do solicitante da asistencia gratuíta a minuta que chegase a cobrar.

Logran un paso importante no camiño para a garantía de pagamento das intervencións do avogado de oficio

O segundo logro fai referencia a que as xestións realizadas polo Colexio lograron un paso importante na plasmación normativa da garantía de pagamento das intervencións do avogado de oficio, con independencia de que se lle recoñeza ou non a posteriori o dereito a litigar gratuitamente pola Administración. Segundo informou Jáudenes, a Consellería comprometeuse por escrito a realizar as xestións oportunas para elevar as peticións dos avogados pontevedreses e que se teñan en conta á hora de redactar o Proxecto de Lei de Xustiza Gratuíta que ten en marcha o Ministerio de Xustiza e que na súa proposta inicial non ten en conta esta reivindicación básica e histórica de toda a Avogacía española.

O compromiso por escrito consiste en "apoyar la petición de la Abogacía Gallega de que la nueva Ley de Justicia Gratuita garantice que los abogados perciban las retribuciones por los servicios efectivamente prestados, sin perjuicio de las causas de reintegro a que se refiere la Ley 1/96, de asistenta jurídica gratuita" e, en consecuencia, expoñer "en la próxima Conferencia Sectorial de Justicia, a petición de los Colegios de Abogados gallegos, que se integre en el texto de la futura ley la garantía antes referida, de forma que, una vez esté en vigor, pueda ser de aplicación en el ejercicio de nuestras competencias al respecto".

Outro logro do Colexio de Avogados que levou a deixar sen efecto as medidas adoptadas na Xunta Xeral Extraordinaria do pasado 11 de marzo é que, tamén a petición deste órgano pontevedrés, o Consello da Avogacía Galega realizou comunicacións a todos os presidentes dos Consellos Autonómicos e ao presidente do Consello Xeral da Avogacía Española para que a súa proposta sexa asumida por todas estas institucións.

Jáudenes agradeceu "el apoyo, la comprensión y la búsqueda de soluciones que resultasen menos lesivas para los ciudadanos" que recibiu dos xuíces de Instrución de todos os partidos xudiciais afectados durante os días de protesta, en especial do decano dos xuíces de Pontevedra, Ignacio de Frías; o maxistrado Xermán Varela; o fiscal xefe, Juan Carlos Aladro; e o presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Tamén agradeceu o respaldo recibido por parte do Consello da Avogacía Galega, por colexios de avogados de toda España e, en especial, o "inmediato apoyo" de Francisco Javier Lara Peláez, presidente da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta da Avogacía Española, que "se puso a disposición del Colegio en todo momento".