Os antitaurinos propoñen ao Concello que destine o diñeiro do aluguer do coso de San Roque a comprar máscaras

Pontevedra
23 de abril 2020

Galicia, Mellor Sen Touradas pide ao Concello que reoriente o gasto de arrendamento. Calculan que con ese montante poderíanse mercar máis de 15.000 máscaras e máis de 1.200 equipos de protección individual

Cadea humana contra as corridas de touros na Praza de Touros de Pontevedra
Cadea humana contra as corridas de touros na Praza de Touros de Pontevedra / Diego Torrado

A plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas expuxo este xoves que o custo de arrendar a praza de touros de Pontevedra durante 2020 sexa dedicado á compra de produtos sanitarios como mascarillas e equipos de protección individual que poidan ser repartidos de forma gratuíta entre a cidadanía e, en especial, os traballadores que seguen realizando a súa actividade en plena pandemia.

Calculan que con ese montante poderíanse mercar máis de 15.000 mascarillas e máis de 1.200 equipos de protección individual.

Os abolicionistas instan ao Concello a cancelar calquera acordo comercial co "lobby taurino local" e reorientar os fondos públicos.

Neste sentido Galicia, Mellor Sen Touradas xa reclamou a cancelación da miniferia taurina que tería lugar en agosto no municipio.