Os alumnos do Torrente Ballester sensibilizados contra a violencia machista

Pontevedra
05 de outubro 2012

Alumnos do instituto Torrente Ballester participan nunha práctica de investigación sobre unha situación real de violencia de machista.

Os alumnos de primeiro de Bacharelato de IES Torrente Ballester participaron nun obradoiro sobre violencia de machista.

Da man do policía nacional Alejandro Gómez, profesor da Escola de Formación do Sindicato Unificado de Policía, 130 alumnos recibiron as claves para identificar os comportamentos previos que acaban por desembocar na violencia e a identificala nos seus diferentes tipos.

Os estudantes, de 16 y 17 años, tieron a oportunidade de analizar a participación das personas del entorno cercano de la víctima e do agresor.

O método pregunta-resposta permitiulle ó condutor da actividade explicar como e porqué se exerce a violencia machista, onde adoita ter lugar e o perfil do maltratador.

Mais non foi está a única actividade complementaria que tivo lugar no Salón de Actos do instituto.

O concelleiro de Xuventude do Concello de Pontevedra, Demetrio Gómez Xunqueira, tamén fixo unha presentación do programa de actividades para a mocidade "Noites abertas".

Ademáis, tamén informou ós rapaces sobre as posibilidades que ofrecen para eles outros servizos e instalacións municipais como o Local de música, o programa de formación "Pisando forte", os obradoiros "Quérote+" e as actividades de "Ponteverán".