Os alumnos do colexio San José visitan os petróglifos de Tourón

Ponte Caldelas
07 de novembro 2017

A área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, acolleu a primeira visita dun grupo escolar tras os lumes do pasado día 15 de outubro, que afectaron á súa contorna e causaron algúns danos no valado e sinalización

Visita do colexio San José a área arqueolóxica de Tourón
Visita do colexio San José a área arqueolóxica de Tourón /

A área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, acolleu a primeira visita dun grupo escolar tras os lumes do pasado día 15 de outubro, que afectaron á súa contorna e causaron algúns danos no valado e sinalización.

Os primeiros en visitar o espazo onde se atopan algúns dos petróglifos máis valiosos de Galicia foron os alumnos de 5º y 6º de Primaria do colexio San José, de Pontevedra. O grupo estivo formado por 45 rapaces e dúas profesoras.

Nas imaxes aparecen posando diante da Laxe das Cruces, a pedra de referencia deste espazo.

Na visita comprobaron que as lapas non afectaron ao interior do recinto, unha circunstancia na que influíu especialmente a limpeza integral de broza que o Concello efectuou un par de meses antes.

Arquivado en