Os alumnos do colexio San José descobren os segredos da Catedral de Santiago

Pontevedra
26 de febreiro 2018

Os alumnos de 6º de primaria do colexio San José de Pontevedra, acompañados por dous profesores do centro, realizaron unha visita á Catedral de Santiago

Visita escolar do Colexio San José
Visita escolar do Colexio San José / Colegio San José

Os alumnos de 6º de primaria do colexio San José de Pontevedra, acompañados por dous profesores do centro, realizaron unha visita á Catedral de Santiago.

Segundo informou o profesor Gonzalo Jara, foi unha completa visita na que puideron ver o interior do templo, o museo, as torres, a colección permanente, e o Códice Calixtino.

Tamén estiveron nas cubertas, unha experiencia moi motivadora para os alumnos que mostraron moitísimo interese durante todo o percorrido, facéndolles bastantes preguntas a cada unha das guías que lles acompañaron durante esta visita. 

MUSEO MASSÓ

Así mesmo, desde o día 6 ata o día 21 do presente mes, todos os alumnos do centro, desde a clase de 3 anos ata a clase de 6º de primaria, acompañados polos seus correspondentes profesores, fixeron unha visita ao Museo Massó de Bueu para realizar cada un dos cursos, un taller diferente aproveitando o Proxecto de "os piratas" que estamos a traballar durante este ano.

Aproveitando a saída, tamén viron os diferentes barcos tradicionais que hai no porto e deron unha volta polo Mercado de Abastos destacando a amabilidade de todos e cada un dos comerciantes alí presentes.