Este xoves 31 de outubro, coincidindo coa celebración do Día mundial do Aforro, un grupo de afectados polas preferentes no Salnés participou nunha retirada masiva de fondos na sucursal de NCG no Grove. ÿ a oitava retirada de fondos que protagoniza esta Plataforma de afectados.
Nos últimos días os afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas de Novagalicia que presentaron demandas xudiciais para recuperar os seus aforros e que están pendentes de xuízo, empezaron a recibir unha proposta de acordo transaccional por parte do banco.
Este acordo ou convenio transaccional establece o aboamento da totalidade do principal do diñeiro, descontando a cantidade a conta que tivesen podido percibir no proceso de canxe e posterior liquidez das accións.
Ademais abóanselles os intereses percibidos, sen que se realice compensación ningunha e abóanlle un 5% en concepto de taxas xudiciais.