As plataformas de afectados polas preferentes non se renden e iniciaron unha nova fase de protestas coa retirada masiva dos fondos que aínda teñen en Novagalicia.
Con esta protesta, que se realizará en diante os venres en semanas alternas ata que retiren todo o seu diñeiro, queren escenificar a súa desconformidade con que se pechase a vía da arbitraxe, que reclaman vólvase habilitar.
En Pontevedra a escenificación da retirada de fondos ten relizado na oficina principal de Novagalicia, na rúa Augusto García Sánchez, onde se achegaron os membros do colectivo de Marín e Pontevedra.
Loli Novegil: "Seguirei coa demanda dos 3.100 euros no xulgado, prefiro que mos quite o avogado que mos quiten eles"
ÿ o caso de Loli Novegil, de 32 anos. Retirou 1.400 euros dos 10.700 que recuperou e que seguirá sacando do banco en próximas convocatorias. Tiña 13.800 euros en preferentes, dos que perdeu 3.100 na liquidación. Non se trata do caso máis grave pero asegura que seguirá pelexando no xulgado polo que é seu: "vendéronme un prazo fixo como a todos. Seguirei coa demanda dos 3.100 euros no xulgado, prefiro que mos quite o avogado que mos quiten eles, aínda que perda cartos".
Un caso máis significativo é o do pontevedrés Manuel Alvariñas, de 70 anos. De 24.000 euros recuperou só o 35%, 8.510 euros. Esa é a cantidade que retirou da entidade: "cada día nos din unha cousa, despois outra, agora arbitraxe, logo non, esto é unha coña patatera. A min non me chamaro ó arbitraxe, era o mellor para todos aínda que perderamos cartos, pero polo menos non andabas metido en lios de xuices".