Nada máis entrar o presidente da Deputación, Rafael Louzán, no Salón de plenos arrancaron as protestas.
- Nos tamén somos Xulio Vicente, Nos tamén somos Xulio Vicente. (repetían)
- Queremos cobrar señor Louzán, entenda que queremos cobrar. Queremos os cuartos que son nosos
- Abaixo hai un grupo de afectados que queren entrar e non imos permitir que comece o pleno ata que non estean todos aquí
Intenta falar Louzán. "Os afectados xa subiron todos. Me gustaría que despois ordeadamente poidan intervir todos e falar deste gravísimo problema no que a Corporación é completamente solidaria".
- Non queremos solidaridade queremos os cartos
- Estamos moi cheos. Cartos e non palabras.
- Louzán: Tal e como solicitaron temos previsto que algún representante da plataforma poida intervir
- Todas las plataformas corean al unísono: Queremos solución!!! Queremos solución!!!
- Cos nosos apoios es presidente. Dimisión
- A política non ten sentido mentres haxa afectados.
- Miriam Rodríguez, del Baixo Miño: Exíxalle a Feijóo e a Rajoy que solucione esto xa. Condene este roubo que o seu partido nos quere aplicar co Real Decreto. Isto ten unha solución política xa. E ainda por riba temos que escoitar como nos tacha de comandos. Vergoña. Pedímoslles a todos os grupos que se poñan aquí do noso lado. A vida política non ten sentido. Teñen que posicionarse xa. Xa que o seu sistema electoral e caciquil, caciqueen agora con nos. (Aplausos)
- Fomos nos, o pobo, quenes lles puxeron aí onde están, Na campaña electoral Nava Castro, no concello do Rosal, nos dixo que se o Partido Popular gañaba as eleccións ian devolver os aforros a todos (Louzán niega con la cabeza). Si, si que o dixo. Agora cumpla.
Neste punto o grupo provincial do BNG abandona os seus escanos e sitúase no salón ao carón dos afectados mentras a asemblea corea ¡Dimisión!. O voceiro nacionalista, César Mosquera, pide unhas camisetas e os deputados vístenas. Berros "E o PSOE que?" Ao portavoz socialista, Santos Hector, "vergoña!"
Tras comentalo entre eles, levántanse dos seus escanos os deputados do PSOE e tamén os do Partido Popular. Rafael Louzán diríxese aos afectados que lle entregan unha camiseta 'Comando laranxa', vístea e lle estreitan a man.
Neste punto unha señora, Blanca Carragal, pertencente á Plataforma de Marín-Pontevedra sufre un desmaio. ÿ atendida nun primeiro momento pola prensa que reclama a inmediata presenza dun médico. O alcalde de Baiona e deputado provincial do Partido Popular, Jesús Vázquez Almuiña, acode axiña. ÿ médico. Tamén é avisada a médico da institución provincial. Trátase dunha subida de tensión.
Todos os deputados mistúranse cos afectados en corriños e comezan a comentar o acontecido. Tras un paréntese de media hora, a corporación provincial e os afectados celebraron unha asamblea para pedir aos políticos un compromiso firme e que superen o xesto de enfundarse a camiseta.
"Creo que debe haber unidade política ante este asunto tan grande que está sufrindo Galicia", dijo Louzán "neste tema non debe haber partidismo. Mirándolle aos ollos a moitísima xente que esta aquí se pode ver que son aforradores estafados. Haberá que pedir xustiza para aqueles que cometeron este atropello. ÿ un gravísimo problema, e chámase estafa, roubo masivo. Tedes que ver que os partidos políticos estamos unidos", dixo Louzán.
En nome dos afectados falou José Manuel Estévez, que exixiu "primeiro recuperar os cartos e logo a Xustiza, e que vaian caindo os que teñen que caer".
Tamén interveu César Mosquera, o deputado do BNG, propuxo que os tres voceiros se reúnan e redacten un texto para dirixirse ao Goberno do Estado para que derogue o Real Decreto que impón a quita e que se comprometa a devolver os cartos.
Curiosamente Mosquera obtivo o rexeitamento do voceiro do Baixo Miño, Xulio Vicente, que tamén é delegado de CIG, e que increpoulle porque a súa proposta "non é suficiente". Ao que Mosquera respondeulle que "na Deputación non temos cartos para devolvervos, creo que esto é o único que podemos facer dende aquí. Eu creo que a medida do Partido Popular de opoñerse as decisións do seu propio partido en Madrid xa é importante".
Pola súa banda, Santos Hector, o portavoz do grupo provincial do PSOE, dirixiuse á asamblea para decir que "o voso problema só ten unha solución sodes aforradores estafados. Se hai cartos para devolverlle á Banca ten que haber uns pouquiños menos para que volos devolvan. Sumámonos a calquera das propostas que dende aquí se faga. Nos non temos o Boletín Oficial do Estado, aínda, para darvos unha solución", consiguiendo un aplauso dos afectados ao rematar.
Finalmente Louzán agradeceu as palabras dos portavoces da oposición, reiterou que non hai partidismo e adhiriuse á proposta formulada por César Mosquera. Dito isto concluiu a asamblea.