Os afectados polas preferentes boicotean un acto do PP en Vilaboa

Vilaboa
06 de abril 2013

Os manifestantes presentáronse nun acto entre senadores e concelleiros do Partido Popular con os veciños de Santa Cristina de Cobres no que se ía tratar a Lei de Costas. Durante máis de dúas horas, os afectados polas preferentes expuseron os seus problemas derivados do engano sufrido pola estafa bancaria ante a presenza dos representantes populares

Manifestantes das preferentes ante o senador do PP, Enrique López Veiga
Manifestantes das preferentes ante o senador do PP, Enrique López Veiga /

Concelleiros e senadores do Partido Popular convocaran un acto en Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa, para tratar o tema da nova Lei de Costas. Non chegou a celebrarse. Na Casa de Montes irromperon, a berros, un grupo de afectados polas preferentes procedentes de diferentes localidades do Morrazo.

Os senadores populares Dolores Pan e Enrique López Veiga intentaron calmalos mantendo un diálogo cos afectados que se prolongou durante máis de dúas horas. Os representantes políticos escoitaron as historias que os distintos afectados foron contando sobre a perda de diñeiro que, enganados, sufriron coas preferentes e as subordinadas.

Voceiros do colectivo manteñen que intentarán endurecer as súas protestas porque, afirman, "es lo único que nos está dando algún resultado".