Os afectados pola Variante de Alba concentraranse nunha leira privada ante a falta de permiso para manifestarse

Pontevedra
15 de agosto 2019

Será unha mobilización singular debido a que nela escenificarase o "enterramento" que, segundo afirman, supoñerá para as parroquias de Campañó e Lérez a execución deste vial  

Marcha veciñal en Campañó contra o proxecto da variante de Alba
Marcha veciñal en Campañó contra o proxecto da variante de Alba / Cristina Saiz

Os afectados pola Variante de Alba convocaron unha concentración de protesta nunha leira privada ante a falta de falta de permiso para manifestarse pola estrada PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía.

Será unha mobilización singular debido a que nela escenificarase o "enterramento" que, segundo afirman, supoñerá para as parroquias de Campañó e Lérez a execución deste vial.

A curiosa protesta terá lugar este venres en Campañó a partir das oito e media da tarde nunha parcela próxima á ponte de Santo Paio, á beira da futura rotonda de conexión.

Para convocar aos veciños distribuíuse unha necrolóxica na que "rogan unha oración polas almas e almiñas destas parroquias, que quedarán enterradas polo proxecto da estrada de conexión da PO-531 e a N-550, mal chamada variante de Alba, e esquecidas da man dos políticos de quenda ao día seguinte das eleccións".

Os veciños expresarán tamén o seu enfado con "o Concello de Pontevedra (ausente), o PP, o PSOE e Cidadáns (ausentes todos), Lorix e Moxquerix (desaparecidos), a Xunta de Galicia (ausente) e demais familia", di a necrolóxica.

Entre os afectados por esta infraestrutura citan a distintas especies de fauna e flora autóctonas e á Variante Espiritual do Camiño de Santiago.

A protesta repetirase o 30 de agosto no mesmo emprazamento.

 

Arquivado en