Os afectados pola Subestación de Vilaboa entregan 709 escritos dirixidos ao Valedor do Pobo

Vilaboa
17 de outubro 2013

Un grupo de veciños de Vilaboa acudiron este xoves á delegación da Xunta en Campolongo para entregar 709 escritos dirixidos ao Valedor do Pobo nos que piden a revisión do caso de Bértola e explican os motivos polos que se están a mobilizar contra a subestación eléctrica do Eixo Atlántico de Alta Velocidade prevista na zona

Un grupo de veciños de Vilaboa acudiron este xoves á delegación da Xunta en Campolongo para entregar 709 escritos dirixidos ao Valedor do Pobo nos que piden a revisión do caso de Bértola e explican os motivos polos que se están a mobilizar contra a subestación eléctrica do Eixo Atlántico de Alta Velocidade prevista na zona.

Segundo explicou o voceiro dos afectados, Emilio Juncal, "pedímoslle que nos axude no que poida porque estamos a protestar por unha cousa legal. Unha Subestación no medio do pobo non se pode montar xa que ás liñas eléctricas van estar voando por riba das nosas casas", resumiu.

Cúmprense xa seis meses de garda permanente no soar de Bértola elixido e con reiteradas mobilizacións destes veciños nas que contaron co apoio do Concello. Este xoves acudiron á Xunta acompañados polo tenente de alcalde e voceiro do grupo municipal do BNG en Vilaboa, Ornela Fernández.

Emilio Juncal asegurou que a día de hoxe están esperanzados pola mediación formulada polo Ministerio de Fomento ante Rede Eléctrica Española, a quen culpabilizan de todo este conflito.