Os afectados polas expropiacións da ampliación do Hospital Gran Montecelo reuníronse este mércores co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro.
No encontro, celebrado na sede da Consellería de Sanidade en Santiago, os afectados expuxeron a súa "desconformidade" coas valoracións das vivendas e negocios realizadas polo Sergas nas que "non se reflicte a situación real das mesmas".
Segundo lles trasladaron, nestas taxacións compáranse as súas vivendas "con outras con valores moi baixos debido ao seu estado, calidades e antigüidade, que non reflicte a realidade das nosas vivendas nin son comparables", polo que expresaron "o noso malestar polos criterios aplicados na valoración dos nosos negocios".
Segundo estes afectados os representantes da Xunta informáronlles "quevan volver a valorar os negocios e vivendasrealizando unha nova visita".
"A predisposición dos representantes da Xunta foi boa, esperamos que non só fosen boas palabras", engadiron.