Ao berro de "hoxe falamos nós". Así forzaron a suspensión do pleno municipal de Pontevedra os afectados polas preferentes e subordinadas da plataforma de Marín-Pontevedra. Facíano pouco despois de que o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, que presidía a sesión plenaria ataviado cunha camiseta de apoio aos afectados, tomase a palabra para dar comezo á mesma.
A portavoz da plataforma, Rosana Prado, achegouse a Fernández Lores, para desculparse pola medida que estaban tomando, ao entender que a situación obrigáballes a adoptar medidas de presión máis duras. Tan só permitiron a aprobación dunha serie de cuestións que debían ser tramitadas pola vía de urxencia. Trala suspensión do pleno, os afectados reuníronse cos portavoces de BNG, PSdeG-PSOE e PP.
De seguido, a saída dos 25 edís desenrrolouse sen incidentes, "non imos parar ata os cartos recuperar" coreaba entón o patio de butacas.
O alcalde e os tres voceiros municipais dirixíronse entón á sala de prensa do Concello onde mantiveron unha "asamblea abierta" cunha treintena de afectados.