Orquestra La Fórmula será a encargada de animar as Festas de Samieira

Poio
10 de setembro 2024

A parroquia de Samieira, no concello de Poio, acolle as súas festas patronais en honor á Virxe das Dores e á Virxe do Carme do 13 ao 15 de setembro

Vides Novas
Vides Novas / A.C. Vides Novas

A parroquia de Samieira, no concello de Poio, acolle as súas festas patronais en honor á Virxe das Dores e á Virxe do Carme do 13 ao 15 de setembro.

O programa inclúe actividades relixiosas e lúdicas para todos os públicos.

O venres 13 comeza coa Festa da Xuventude ás 22:00 horas, amenizada pola orquestra La Fórmula e a disco móbil CDC.

O sábado 14 celebrarase a misa solemne na honra da Virxe do Carmen ás 12:00 horas, seguida dunha procesión acompañada pola Banda de Gaitas e Tambores.

Pola mañá, a Batucada Os Queimatasas animará as rúas, e pola noite haberá verbena co grupo El 4º Sentido.

O domingo 15, día da Virxe das Dores, comezará con dianas e alboradas do grupo Vides Novas e a Escola de Música Tradicional.

Ás 13:00 horas celebrarase a misa cantada pola Coral de Poio, seguida de procesión.

Pola tarde, o público infantil terá a oportunidade de gozar dunha festa infantil con inchables e festa da escuma.