O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio recibiu este luns a visita de Orbil, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O Salón, que cumpre vinte anos, celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril no Pazo da Cultura e estará dedicado á revolución.
Esta visita de Orbil enmárcase dentro das múltiples e variadas actividades que se celebrarán este ano no centro educativo con motivo do Salón do Libro.
O alumnado gozou coa visita de Orbil que compartiu con todos eles moitas das súas inquedanzas.
Dende o equipo directivo do centro aseguraron que "foi unha experiencia moi gratificante".