Operativo de tráfico polo desfile do Entroido de Poio

Poio
14 de marzo 2019

O desfile do Entroido de Poio terá lugar este sábado 16 de marzo, con saída a partir das 17:30 horas do Pazo de Besada e chegada á Avenida de San Xoán (Casal) e percorrendo as Avenidas da Porteliña, Sineiro e San Xoán

Gran Desfile de Entroido de Poio 2018
Gran Desfile de Entroido de Poio 2018 / Diego Torrado

O desfile do Entroido de Poio terá lugar este sábado 16 de marzo, con saída a partir das 17:30 horas do Pazo de Besada e chegada á Avenida de San Xoán (Casal), percorrendo as Avenidas da Porteliña, Sineiro e San Xoán.

Haberá un dispositivo de tráfico durante o transcurso do desfile con dúas vías alternativas de circulación, tanto por carretera como pola autovía, de xeito que a circulación de vehículos discorra sen incidencias.

A continuación do desfile, o cortexo fúnebre do Galo Fodorico subirá acompañado con circulación únicamente peonil ata o Convento onde terá lugar a queima do galo, e unha verbena amenizada polo Dúo Prisma e Noite de Estrelas onde poderán degustar produtos típicos do Entroido e onde tamén terá lugar a entrega de premios do Entroido.

Por outra banda, o tradicional Enterro do Galo Bruxo na parroquia de Samieira terá lugar o domingo 17 a partir das 17:00 horas co Encontro de Grupos de Entroido e Comparsas e a Festa da Filloa organizado pola S.C.D. Samieira.

Aínda é posible inscribirse no concurso de disfraces: as últimas inscricións poderán facerse de 16:00 a 17:00 horas no Pazo Besada (Casa Caseiros). O Concello convida a toda a veciñanza a vestirse de choqueiro e participar desta festa de Entroido.

Arquivado en