A UNED en Pontevedra lánzase á conquista do mar a través de dous cursos formativos que terán lugar esta fin de semana, no caso das titulado "Ondas, costas e surf" e do 2 de outubro ao 4 de decembro sobre Náutica e Meteoroloxía Mariña.
O desta fin de semana representa unha magnífica oportunidade para descubrir puntos de encontro entre ciencia e deporte. As "ondas" como fío condutor do curso, permitirán aos participantes aprender a identificar os procesos implicados na formación de praias, cantís e outras morfoloxías litorais. Estudaranse os mecanismos que orixinan as ondas, mareas e as características xeolóxicas dos fondos mariños onde atopamos algunhas das ondas máis emblemáticas do planeta.
Haberá numerosas referencias cruzadas entre xeomorfoloxía litoral e surfing. Para quen nunca practicase este deporte, será unha boa ocasión para coñecelo. Ao surfeiro experimentado o curso axudaralle a comprender mellor o medio no que se move. Para finalizar, aqueles alumnos que o desexen terán ocasión de participar nunha clase de surf a nivel iniciación para o que o domingo desprazaranse á praia da Lanzada onde terán á súa disposición táboas de surf e traxes de neopreno.
NÁUTICA E METEOROLOXÍA MARIÑA
Por outra banda, o Centro Asociado da UNED en Pontevedra facilita ao público en xeral e aos amantes da náutica o coñecemento sobre meteoroloxía mariña a través dun curso que se impartirán na modalidade en liña durante 20 horas que terá lugar do 2 de outubro ao 4 de decembro e un prezo por alumno de 45 euros.
Está coordinado polo responsable de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra, Rafael Cotelo Pazos e actuará como relatora Federico Herraez Pery, oficial do Corpo Xeral da Armada Española.
Está orientado a alumnos que teñan interese polo mundo da navegación, ou adquirir unha base para nun futuro obter unha titulación náutica. Non son necesarios coñecementos previos para pode asistir a esta acción formativa da UNED Pontevedra.
Impartirase os mércores desde o 2 de outubro ao 4 de decembro, ambos inclusive, en horario de 17 a 19 horas.