Once magostos animarán as parroquias de Poio nas próximas semanas

Poio
30 de outubro 2024

Está previsto que se repartan arredor de mil quilos de castañas asadas nestas celebracións tradicionais organizadas por distintos colectivos

Castañas asadas preparadas para un magosto
Castañas asadas preparadas para un magosto / | wirestock en Freepik

O Concello de Poio presentou este martes 29 o calendario de magostos previstos no municipio ata mediados de novembro.

A programación inclúe once celebracións nas que se repartirán preto de 1.000 quilogramos de castañas asadas.

O alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Cultura e Educación, Natalia Sabarís, acompañados por representantes das entidades organizadoras, destacaron a importancia destas celebracións tradicionais, que este ano contan por primeira vez cunha liña específica de axudas municipais.

As celebracións comezan este sábado, 2 de novembro, con dous magostos simultáneos.

Calendario de magostos en Poio 2024

Sábado, 2 de novembro

  • Campelo (Praza da Granxa) | 20:00 h | Organiza: Asociación de Veciños de Campelo
  • Combarro (Praza de San Roque) | 18:00 h | Organiza: Ateneo Corredoira

Domingo, 3 de novembro

  • Lourido (Parque Costa Xiráldez) | 18:00 h | Organiza: AVCD Lourido

Venres, 8 de novembro

  • Magosto da Casa Rosada | Organiza: Concello de Poio (Benestar Social)

Sábado, 9 de novembro

  • Raxó (Centro Cultural Xaime Illa) | 20:00 h | Organiza: Comisión de Festas de Raxó
  • O Sartal (Espazo Municipal) | 19:00 h | Organiza: ACV Ronsel

Domingo, 10 de novembro

  • San Martiño (Praza da Capela) | 20:00 h | Organiza: AC Gaiteiro Manuel Villanueva
  • Samieira (Comunidade de Montes Río Bois) | 18:00 h | Organiza: SCD Samieira

Sábado, 16 de novembro

  • San Salvador | 20:00 h | Organiza: AC Divino Salvador
  • Vilariño | 20:00 h | Organiza: Veciños do lugar
  • A Seca | 20:00 h | Organiza: AAVV Boureante
Presentación dos magostos en Poio
Presentación dos magostos en Poio  Concello de Poio