Ola, papá, que tal na Antártida?

Pontevedra
20 de xaneiro 2015

Un soldado destinado na base militar española na Antártida viviu este martes unha sorpresa inesperada en forma de neno de tres anos. Participou, xunto a outros compañeiros, nunha videoconferencia organizada co colexio CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Dolores-Doroteas de Pontevedra e, durante a conexión, saudouno o seu fillo, alumno deste centro

Videoconferencia entre alumnos do colexio Doroteas e militares destinados na Antártida
Videoconferencia entre alumnos do colexio Doroteas e militares destinados na Antártida / CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Dolores-Doroteas

Un soldado destinado na base militar española na Antártida viviu este martes unha sorpresa inesperada en forma de neno de tres anos. Participou, xunto a outros compañeiros, nunha videoconferencia organizada co CPR Plurilingüe Nuestra Señora de los Dolores-Doroteas de Pontevedra e, durante a conexión, saudouno o seu fillo, alumno deste centro.

Os estudantes de Segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) participaron nunha conexión en directo con militares e científicos que desplegadados na base antártica dende o 1 de decembro e recibiron información sobre as diferentes tarefas realizadas por ambos os dous colectivos durante a misión.

Na quenda de preguntas produciuse un dos momentos máis entrañables e emotivos para todos os presentes: a sorpresa ao pai dun alumno do centro. Segundo indicaron dende o colexio, o neno tivo a oportunidade de intercambiar unhas palabras co seu pai.

A videoconferencia coa base 'Gabriel de Castilla', situada en Isla Decepción, é froito das xestións iniciadas dende o centro a mediados do mes de outubro, que o converteron nun dos centros españois seleccionados polo Exército de Terra para poder realizar a actividade.