Oito viarios serán asfaltados en Sanxenxo antes do verán

Sanxenxo
22 de marzo 2017

O Concello de Sanxenxo adxudicou os traballos de asfaltado en oito viarios do municipio, que serán acometidos nos dous próximos meses

Talla de árbores secas na área recreativa de Montalvo
Talla de árbores secas na área recreativa de Montalvo / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo adxudicou á empresa Nexia Infraestrutura SLU as obras de asfaltado en oito viarios do municipio.

Os traballos, financiados a través do Plan Concellos da Deputación, terán un custo de 89.316,45 euros e están destinados a mellorar a capa de rodaxe destas estradas, deteriorada polo forte tránsito que soportan e pola súa antigüidade.

A empresa adxudicataria deberá acometer as obras nun prazo máximo de dous meses.

As zonas que serán asfaltadas son a rúa Ramón Cabanillas, no centro de Sanxenxo, viarios en Xesteiriña, Montalvo,  Rouxique, Vilar e Arnosa e as rúas do Mercado e Cruceiro, en Vilalonga.

En todas estas zonas procederase primeiro á roza e limpeza das cunetas e as marxes para despois proceder ao bacheo de regularización do firme, dotación de base de zahorra artificial, dotación de capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente e sinalización horizontal.