O tumulto que obrigou a suspender o xuízo polo crime machista de María Luisa Jiménez Jiménez, por todos coñecida como 'Lupe', na Audiencia Provincial de Ponteveda, empeza a ser esclarecido. A Garda Civil logrou establecer o grao de participación de cada unha das persoas que participaron no altercado e finalmente investigou ás oito persoas que presuntamente foron responsables iniciais do mesmo. O caso está xudicializado polos delitos de alteración da orde pública e lesións no Xulgado de Intrucción número 1 de Pontevedra.
Os oito investigados son familiares de 'Lupe', sete son mulleres, irmás e fillas da falecida, e un é un home. Ademais, entre as mulleres hai unha menor de idade. Aos oito atribúeselle o delito de alteración da orde pública porque coas súas accións alteraron a sesión pública dun xuízo e o ámbito de todas as persoas que se atopaban presentes na sala de vistas, varias decenas, entre xornalistas, membros do xurado, persoal xudicial e avogados.
Ademais, a unha das investigadas atribúeselle o delito de lesións, pois presuntamente arroxou unha botella de cristal á cabeza a José Luis Cortiñas, que estaba a ser xulgado e finalmente foi declarado culpable de asasinato e condenado a 20 anos de prisión polo asasinato machista de 'Lupe' dous anos antes.
O grave altercado produciuse o mércores 17 de febreiro ao fío da unha da tarde nunha sala da planta baixa da Audiencia Provincial de Pontevedra, durante a segunda sesión do xuízo con xurado polo crime machista, cando o procesado estaba sentado no banco, custodiado por tres axentes da Policía Nacional, na zona máis próxima ao estrado e á reservada para os avogados.
Detrás do procesado había dous bancos baleiros, logo dous reservados para a prensa e, máis atrás os gardados para o público que seguía o xuízo, que nese momento estaba copado practicamente na súa totalidade por familiadres da falecida. Nun momento dado, na sala escoitouse o berro de "Suso", o nome 'xitano' co que se coñece na súa contorna máis próxima ao acusado, e tres persoas abalanzáronse sobre el. Xusto detrás foron varias persoas máis e xa inmediatamente interviñeron os policías que estaban a lle custodiar e os axentes da Garda Civil e a Policía Nacional que integraban o operativo de seguridade despregado con motivo deste xuízo.
Seis estaban na sala, os tres que custodidaban a Cortiñas e tres máis na parte de atrás e lateral, e entraron tamén máis dunha decena de axentes que estaban no exterior, nos corredores e na porta da Audiencia. Tras o tumulto, e coa tensión cargando o ambiente, os familiares foron desaloxados e a vista suspendeuse, retomándose pouco despois a porta pechada.
Ademais de abalanzarse sobre José Luis Cortiñas, na sala lanzáronse polo menos unha botella de auga e outra de coca-cola. A de auga rompeu e deixou un gran charco na sala. A outra, de cristal, impactou na cabeza do acusado, por iso é polo que os feitos tamén fose calificacos como lesións.
A intención do altercado era supostamente agredir ao acusado, pero non chegaron a causarlle máis dano que ese golpe na cabeza e as testemuñas presentes na sala aseguran que, de feito, nin sequera chegaron a tiralo ao chan, pero si lle cubriron antes de que os policías lograsen achegarse e de que puidesen intervir o resto de axentes.
Pequenos fragmentos desta 'película' están captados por vídeos gravados cos seus móbiles por xornalistas que estaban nese momento na sala. Outros non alcanzaron a coller o teléfono e algún foron desaloxados xa nos segundos iniciais polas Forzas de Seguridade, pero si existen imaxes completas do que aconteceu. Recolleunas o equipo de gravación que rexistra na súa integridade todos os xuízos da Audiencia.
O cariz que tomou o asunto sorprendeu a todos, pero os momentos de tensión non eran, nin moito menos, inesperados. O martes, na primeira sesión do xuízo, os familiares de 'Lupe' xa ameazaran e insultaran ao acusado á súa entrada e saída do xulgado nun furgón policial e tamén dentro da sala ao final da vista. No exterior dos xulgados, ademais, xa houbo un incidente cunha redactora que gravaba en vídeo o que ocorría. Tras este suceso, con todo, o seguinte día do xuízo, incluída a lectura do veredicto, transcorreu con normalidade, sen a presenza de ningún familiar de 'Lupe' na Audiencia, fóra dunha das súas fillas, que pediu perdón a todas as persoas que estaban a sala polo ocorrido, pero non ao seu pai pola agresión.
O vídeo foi cedido por Canal Rías Baixas (©)