Oído Centros Auditivos: A importancia de escoitar ben para vivir mellor

Pontevedra
01 de febreiro 2025

Máis de 4 millóns de españois enfrontan problemas de audición. En Oído Centros Auditivos ofrecen solucións personalizadas para mellorar a calidade de vida de quen sofre perda auditiva

Oído Centros Auditivos
Oído Centros Auditivos / Mónica Patxot

Manter relacións sociais e gozar dunha vida activa dependen en gran medida da nosa capacidade auditiva.

Contar cunha boa audición é vital para interactuar cos demais e para percibir sons ambientais que poderían alertarnos ante situacións de risco, como o son dun coche.

Os datos do estudo EuroTrak Spain 2023, realizado pola Asociación Nacional de Audioprotesistas, indican unha prevalencia da hipoacusia en España do 10,6%, é dicir, aproximadamente 4,6 millóns de españois padecen unha alteración da súa capacidade auditiva.

Os profesionais sanitarios inciden na importancia do uso de audífonos para mellorar a calidade de vida e mitigar os problemas asociados coa perda auditiva non tratada.

Pablo Fontenla realizando pruebas audiométricas en la cabina de Oído Centros Auditivos
Pablo Fontenla realizando probas audiométricas na cabina de Oído Centros AuditivosMónica Patxot

Para dar resposta ás necesidades das persoas con problemas de audición, Oído Centros Auditivos conta con profesionais cualificados, experimentados e preocupados polo coidado da Saúde Auditiva.

Con establecementos en Pontevedra, Moaña e Monforte, e próximas aperturas en Chantada e a localidade portuguesa de Monçao, o seu equipo de audioprotésicos está especializado en dar solución personalizada os problemas relacionados coa perda de audición, dende o diagnóstico ata a adaptación de próteses auditivas (audífonos) en adultos e nenos, coa tecnoloxía máis avanzada e empregando marcas líderes do mercado.

Na cidade de Pontevedra, Oído Centros Auditivos está presente en Praza de Barcelos, número 6, dende decembro de 2020, con Pablo Fontenla, titulado superior en Audioprótese pola Universidade de Santiago de Compostela, á fronte.

Oído Centros Auditivos, en Praza de Barcelos, 6 (Pontevedra)
Oído Centros Auditivos, en Praza de Barcelos, 6 (Pontevedra)Mónica Patxot

DIAGNÓSTICO DE PERDA AUDITIVA

A maioría das perdas da capacidade auditiva son neurosensoriais, aquelas nas que está afectado o oído interno e o nervio auditivo; é o típico caso de "oio pero non entendo", apunta Pablo Fontenla.

Dende Oído Centros Auditivos animan a que calquera persoa que sospeite que pode ter unha alteración na súa capacidade auditiva se achegue por este establecemento para unha valoración totalmente gratuíta. "Realizamos todas as probas necesarias para coñecer o seu estado de saúde auditiva, esta é a única forma de poder garantir unha mellora real da súa audición", comenta o profesional audioprotésico.

Oído Centros Auditivos
Oído Centros AuditivosMónica Patxot

Fontenla reitera que todo este proceso diagnóstico é gratuíto e sen compromiso, así como a proba de audífonos. Se a persoa decide proceder á compra, faríaselle un orzamento totalmente transparente e con condicións de financiamento que chegan ata os 3 anos sen intereses.

Na súa ampla experiencia como audioprotésico, valora a evolución da sociedade, na que cada vez está máis normalizado o uso de audífonos. Neste sentido, tanto os avances en tecnoloxía como en deseño axudan a que persoas de todas as idades con problemas de audición se sintan cómodas utilizando audífonos.

Oído Centros Auditivos
Oído Centros AuditivosMónica Patxot

TECNOLOXÍA AVANZADA EN AUDÍFONOS

Oído Centros Auditivos é un centro autorizado e colaborador das marcas líderes Signia e Phonak. Así mesmo, reparan todas as marcas do mercado.

A elección do tipo de audífono sempre está baseada na perda auditiva de cada paciente: audífonos retroauriculares (colocados detrás do pavillón auricular) ou intracanais (aloxados no conduto auditivo). Calquera deles carga con pilas ou mediante batería recargable.

Oído Centros Auditivos
Oído Centros AuditivosMónica Patxot

Ademais, en Oído Centros Auditivos dispoñen de complementos de audición. Entre outros, teléfonos fixos e móbiles específicos para persoas con perda auditiva, cascos inalámbricos vía bluetooth, espertadores e transmisores de televisión específicos para audífonos, que inclúen a instalación e a comprobación do funcionamento a domicilio.

 

OÍDO CENTROS AUDITIVOS
Praza de Barcelos n° 6 - Pontevedra
Horario: luns a venres (09:30-13:30 e 16:00-20:00) e sábados (9:30-12:30)
Teléfonos: 986 292 316 / 629 786 161
Web: www.oidocentrosauditivos.com
Facebook: Oído Centros Auditivos | Facebook
Instagram: oidocentrosauditivos