Os populares consideran "vergonzoso" que, desde que hai case un mes caera parte da balaustrada do antigo edificio de Facenda en San Francisco, non se fixo "absolutamente nada" para garantir o arranxo e a seguridade de toda a estrutura.
Nunha mostra do estado "deplorable" no que, segundo o portavoz do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez, se atopa este inmoble, pechado ao público desde 2010, e que se está "devaluando de forma continua" ante o atraso que acumula a súa rehabilitación.
Domínguez, que lembrou que o PP propuña destinar este edificio a biblioteca pública, sostivo que "esto no puede seguir en estas condiciones tanto por cuestións de seguridade como por motivos "estéticos", ao estar nunha das prazas máis emblemáticas da cidade.
Os populares, ademais de reclamar "medidas urgentes", para garantir o arranxo e a seguridade da balaustrada, impulsarán unha ofensiva no Congreso e no Senado para esixir "información veraz" sobre o proxecto de rehabilitación do edificio.
Así, acompañado do deputado Pedro Puy e da senadora Pepa Pardo, o líder do PP citou "informaciones" que advirten de que se estaría traballando nun cambio "moi importante" que afectaría á escalinata principal. "Incluso se habla de que se podrían trasladar", dixo.
Puy rexeitou a posibilidade de que o Goberno poida realizar "profundas modificaciones" que alteren, entre outros elementos, a escalinata situada fronte á súa fachada.
A través das dúas cámaras, o PP pedirá información sobre "qué planes tiene el Gobierno sobre esta rehabilitación", sobre todo se confirman a súa intención de acometer unha posible transformación ou supresión destas escalinatas.
O deputado solicitou unha resposta á "mayor celeridad" para, unha vez coñecido o proxecto, "posicionarnos pensando siempre en el mantenimiento de un edificio emblemático, que forma parte de los orígenes y de la memoria de todos los pontevedreses".
Pola súa banda, Pepa Pardo dubidou da veracidade dos anuncios do executivo de Pedro Sánchez sobre este edificio, cuxa cuberta debería estar rehabilitada en 2022 e a súa reforma terminada en 2025, segundo avanzou en Pontevedra o entón ministro de Cultura, Miquel Iceta.
A este respecto, o PP pedirá a totalidade dos informes que acompañan ao proxecto que manexa do Goberno para este histórico edificio "para conocer la realidad de lo que se pretende hacer y qué plazos maneja el ministerio", sentenciou a senadora popular.
A BALAUSTRADA, PENDENTE DO GOBERNO
Sobre a reparación da balaustrada, que esborrallou ao caer sobre ela parte da decoración do Nadal polo temporal, desde o Concello aseguran que se puxeron a disposición do Goberno central, titular de todo ese espazo, para ofrecerlles a súa colaboración.
"Teñen que decidir eles o que queren facer", subliña o goberno municipal, que está disposto ou ben a executar directamente os traballos de reparación ou ben pagar o custo dos danos e que sexa o executivo central o que os acometa.
O Concello sostén que "nós non podemos actuar nunha propiedade que non é nosa", polo que confían en que o Goberno resolva canto antes que solución prefiren para restituír a balaustrada ao seu estado previo ao esborralle, que se produciu o pasado 5 de xaneiro.