A concelleira de Turismo, Carlota Román, mantivo esta mañá unha reunión na Casa da Luz con representantes da asociación de Profesionais de Turismo en Galicia (PROTURGA), un colectivo que naceu a finais de 2011 co obxectivo de vixiar e tutelar os intereses dos profesionais do sector turístico galego, establecendo relacións entre eles para crear unha Rede Social de Profesionais do Turismo.
Segundo afirmou a concelleira, o encontro serviu para establecer contacto e crear sinerxías en relación co sector turístico. Carlota Román confirmou que dende a súa concellaría intentarán "colaborar y promover la ciudad a través de la asociación". Nese sentido ofreceulles as instalacións de turismo e a participación na Oficina de Congresos, ente encargado da captación e apoio a todo tipo de eventos feirais, congresuales e de negocios con sede na cidade. .
Pola súa banda, Verónica Pichel, presidenta de PROTURGA, apuntou que esta nova asociación ten como obxectivo colaborar cos negocios turísticos que requiran asesoramento.
PROTURGA tamén intentará controlar o intrusismo e, nos próximos meses, quere centrarse en buscar o recoñecemento social de lso profesionais do sector en colaboración con outras asociacións e entidades de carácter público e privado.
A asociación conta con 34 asociados, empresas colaboradoras e unha activa presenza en Internet. A asociación acolle todas as persoas con titulación relacionada co turismo, así como os profesionais cunha experiencia mínima de catro anos.